sábado. 11.07.2020 |
El tiempo
sábado. 11.07.2020
El tiempo

Día de ceos despexados e calor

O luns Galicia continuará baixo a influencia das altas presións, o que deixará unha xornada con calor e ceos pouco cubertos ou despexados. 
Así o recolle a predición de Meteogalicia, que anuncia temperaturas sen cambios significativos, que se manterán de novo elevadas. 

Entre as sete principais cidades galegas, a temperatura máxima alcanzarase en Ourense, con 37 graos, seguida de Vigo e Pontevedra con 34. En cidades como A Coruña, Ferrol ou Lugo, estarán ao redor dos 30 graos. 

As mínimas serán tamén elevadas e situaranse entre os 17 graos da Coruña e os 21 de Vigo, aínda que as máis baixas produciranse con 12 en Lugo. 

O vento soprará de compoñente norte, frouxo no interior e moderado entre Bares e Fisterra. 

Día de ceos despexados e calor
Comentarios