sábado. 16.10.2021 |
El tiempo
sábado. 16.10.2021
El tiempo

A fronte fría que cruza Galicia remitirá este luns pola tarde

As temperaturas non experimentarán cambios significativos

A xornada deste luns iniciarase en Galicia aínda cunha fronte fría cruzando a comunidade pero irá remitindo pola tarde, segundo a predición da Meteogalicia. Durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos, con choivas que irán remitindo co paso das horas para quedar cunha tarde de alternancia de nubes e claros e sen precipitacións. 

Nas primeiras horas da madrugada A Mariña e o noroeste da Coruña estarán alerta amarela por fortes ventos no, pero só ata as tres.

Polo xeral, as temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os termómetros alcanzarán nas grandes urbes galegas os 23 graos en Ourense, os 22 en Pontevedra e Vigo, e os 20 graos en Lugo, Santiago, Ferrol e A Coruña.

En canto aos valores mínimos, en Compostela chegarase aos 13 graos, pero na capital lucense o mercurio non baixará dos 14 e na Boa Vila, dos 15 graos.

A fronte fría que cruza Galicia remitirá este luns pola tarde
Comentarios