Rosa Cedrón:''Meu mozo, que é vasco, cociña que quita o sentido e para as ensaladas carameliza a cebola na sartén con algo de zucre''

Cedrón vive na Coruña aínda que naceu en Monforte de Lemos (Lugo) onde volta sempre que pode para ver os seus avós, pero pasa antes pola tapería Polar, da rúa Cardenal, e non perdoa a tapa de callos con vasiño de mencía. Estes días reúne enerxías para rematar a grabación do disco que sairá antes do Nadal e retomar, a partires do día 8 de setembro, a xira "Soas" con Cristina Pato, ca que terá o primeiro concerto en Tomiño (Pontevedra).


                                                  


Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?

Resposta: Teño moitísimas comidas favoritas, entre elas toleo polo chourizo fritido con ovos e patacas, aínda que non podo comelo sempre que quero, e tamén me encanta o bacallo ó pil-pil que prepara a miña nai. Non me gusta nada a cociña das vísceras.

P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R: O que máis bebo é auga con gas e unhas gotas de zume de limón, dende que conseguín desengancharme da cocacola e tamé me gusta, entre as alcohólicas, a crema de oruxo. Non me gustan nada os destilados tipo ron, xenebra e o resto.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R: Entre todos, a tarta de queixo que fai no forno Fina, a da cervexería-xamonería "Cavamontes" que está en Perillo de camiño cara A Coruña dende Monforte.

P: Na cociña, qué pratos prefire preparar?

R: Na cociña gústame preparar ensaladas nas que sempre invento algo como engadir tacos de panceta, ou frutas exóticas, fresas, tiriñas de xamón ou o que caia. Tamén preparto polo á prancha con allo e perexel, acompañado por arroz blanco pero en realidade, quen cociña na casa é o meu mozo, que ademáis é vasco, e fai uns chuletóns que quitan o sentido. Tamén cociña o meu pai se toca paella e a miña nai é experta tamén en choupas (calamares pequenos) recheas, ademáis do bacallao.

P: Algún segredo para triunfar con algún deses pratos?

R: Pois aínda que non cociño, sí me fixo e o meu mozo consigue unha textura especial cando prepara ensalada tibia con setas e noces e puiden ver que o que fai é caramelizar a cebola, é dicir, faina con un pouquiño de zucre na sartén, antes de botala no prato.

P:Se considera clásica ou innovadora en materia de comida?

R: Ambas cousas á vez pois me gusta todo o de comer.

P:Habitual de comidas completas con varios pratos e postres ou do tapeo?

R: Pois depende. No caso de que saia a comer gustanme uns entrantes variados, para picar de todo, e logo un prato, pero nada de postre. Os doces me gustan máis na merenda mentres que pola mañá céntrome no café con algo salgado. O tapeo gustame en plan aperitivo, antes do xantar e practico moito en Monforte, onde o primeiro que fago ó chegar é ir á Polar a pedir a tapa de callos con un viño mencía.

P: Máis de carne ou de peixe?

R: Antes comía máis carne pero co tempo voulle facendo máis caso á esa pirámide alimentaria que recomenda o equilibrio e vou tomando máis verduras e peixe.

P: Algún capricho comestible para momentos concretos, por exemplo, estar baixo presión?

R: Cando chego cansadiña a casa, por exemplo durante unha xira, fagome un chocolate con galletas antes de dormir

P: O último xantar que lle sorprendeu e gustou?

R: Pois foi o "sushi" que probei nun programa de televisión sobre cociña. O caso é que nunca antes probara ningún peixe crú ou semellante, nin sequera o salmón afumado, e o "sushi" gustoume moito e até chupei os dedos na televisión pero sentoume algo mal, e penso que é porque lle teño alerxia a algún compoñente.

P: E pola contra, algún descubrimento recente pero que non lle gustara?

R: Os riles encebolados con viño. Probeinos con gusto pero creo que hai un compoñente psicolóxico que me fai rexeitalos. Tampouco me gustou a carne de cervo porque ten un sabor demasiado forte.

P: Algo que lle gustaría probar porque o coñece de oídas ou algún prato que bote de menos?

R: Pois últimamente me plantexo comezar a probar as algas nas miñas ensaladas.

P: ¿Quén ou qué cosa está para comela?

R: O meu mozo cociñeiro.

P: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R: Rillaría por unha perna a intolerancia en todos os campos, pois miña filosofía de vida é vive e deixa vivir.

P: Pensa que somos o que comemos?

R: Non, porque senon eu sería un tortellini ou un xamonxiño de pavo. Se falamos de saúde e innegable que os excesos na comida non son bós e na alimentación hai que buscar o equilibrio.

Comentarios