miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

Un sábado con choiva e alerta laranxa no litoral de Pontevedra e A Coruña

OLEAJE GOLPEANDO EL PUERTO DE RINLO- FOTO JM ALVEZ
Ondas en Rinlo. J.Mª ÁLVEZ
No litoral de Pontevedra e A Coruña o nivel de aviso será laranxa

Galicia continúa este sábado baixo a influencia dun carrusel de borrascas atlánticas, polo que os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos máis frecuentes na metade oeste.

As temperaturas non experimentarán cambios significativos, aínda que podería haber un lixeiro descenso, e o vento soprará frouxo de suroeste. 

Temperaturas máximas e mínimas
A Coruña 10º 15°, Ferrol 12° 14°, Lugo 8° 13°, Ourense 8° 13º, Pontevedra 10°  15°, Santiago de Compostela  9°  13° e Vigo  11° 15º,

ALERTA LARANXA NO LITORAL. A Dirección Xeral de Urxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de A Coruña e Pontevedra desde a madrugada deste sábado.

Nun comunicado, a Xunta explica que, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, este fenómeno meteorolóxico adverso traerá mar combinada do oeste a noroeste con ondas de ata seis metros no litoral do noroeste, oeste e suroeste da provincia da Coruña e en toda a costa de Pontevedra.

Ademais, en strong<> A Mariña lucense o nivel de alerta será amarelo, tamén por mar combinada do oeste ao noroeste e con ondas de ata cinco metros.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Xunta informou da situación aos concellos das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos para que adopten as medidas oportunas.

Tamén recomenda permanecer lonxe da liña de costa e das praias e paseos marítimos co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos, así como suspender as actividades pesqueiras e marisqueiras e extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar. 

Un sábado con choiva e alerta laranxa no litoral de Pontevedra e A...
Comentarios