Sira Feijóo: ''Os meus fillos din que nunca probaron unha tortilla de pataca como a miña e o segredo é botarlle medio sobre de levadura Royal''

A nai do actual presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, naceu nos Peares e agora vive na cidade de Ourense, co seu marido Saturnino, mentres a sua filla vive en Vigo. Explicou a GG que dende a eleción do seu fillo como presidente galego, tenta que a sua vida non cambie e de feito, non cambiou prácticamente nada se ten os amigos de sempre. Según Sira, si a alguén se lle sube a cabeza un cargo como o que agora ten o seu fillo, terá un problema "e algúns pensan que él é o propietario de Galicia, cando en realidade é un representante ó que lle tocou estar aí, e non hai máis carbón", concluiu.

                                                    
 

Pregunta
: Cal é a sua comida favorita e cal a que menos lle gusta?

Resposta: Todas as miñas comidas favoritas son as que non debería comer, como os callos, a fabada asturiana e o cocido...todas as de cuchara. Me entancaban os callos e o cocido que facía a miña nai e agora, cando os como nalgún sitio, tránme moitos recordos. Os callos me gusta comelos no restaurante A Escola, no barrio de Reza, moi cerca da cidade de Ourense. Pero tamén me gusta moito o pulpo sobre todo tal como o preparan no meu pobo, nos Peares, no restaurante Barra, que está na vella estación de tren, sobre o río.
O que non me gusta nada é comer carnes e nunca as pido, excepto algo de solomillo pero do resto, nin coello nin ternera nin outras.

P
: Cal é a sua bebida preferida e cal a que menos pide?

R: Sempre prefiro a auga. Nunca teño sede pero si me da, o único que me apetece é auga. Non me gusta ningunha bebida alcohólica forte tipo licor, pois nunca as probei, excepto o licor café, que sí o tomo.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R: Miña nai facía "leite asada" que eu tentei varias veces facer sin conseguilo, nunca me sae como o facía ela. Para elaboralo utilizaba leite e ovos que logo metía no forno onde se cubría con unha capa tostada sobre o contido algo cuallado. Non eran natillas pero algo así e nos encantaba a todos os irmaos. Miña nai faleceu fai vinte anos e dende entonces só comín algo parecido en Noia, onde teñen un postre chamado "tres leites".
Tamén me gusta moito o flan que fan as miñas duas cuñadas cada vez que nos xuntamos toda a familia. Elas preparan sempre o flan e unha tarta de queixo increíbles e podemos disfrutalo varias veces o ano, en cada celebración familiar ademáis de Noiteboa, Nadal e Entroido.

P: Na cociña, qué pratos prefire preparar?

R: Según os meus dous fillos, o plato que se me da mellor é o xarrete de terneira con unha guarnición que fago moi variada e patacas douradas.. Tamén se me dan ben as sopas de fideos, pois fágolles un caldo moi bó e os meus fillos tamén dicen que non probaron outras iguais. O mesmo me pasa ca tortilla de pataca. Normalmente na casa estamos sós meu marido, que come de réxime, e máis eu, así que a diario na cociña todo vai á prancha ou saímos comer fora de casa.

P: Algún segredo aprendido últimamente ou que utilice na cociña?

R: Pois na casa ninguén se explica por qué me saen tan ricas as tortillas de pataca e o motivo é que lles boto sempre medio sobre de levadura "Royal". Ese truquiño aprendino eu soa, dándolle voltas a cabeza.

P: É de xantar completo ou de tapeo?

R: Podería comer toda a vida de tapeo pois dende fai 10 anos teño unha fame dañada e nada me chega. Así que as tapas me encantan porque levan pouco que comer e son moi variadas. No caso de que comamos en casa, o costume é de primeiro plato a base de puré de verdura, por exemplo puré de calabacín, logo un segundo, e postre. O tapeo toca na zona de viños de Ourense, cando decidimos sair de casa.

P: Se considera clásica ou innovadora en materia de comida?

R: Na cociña véxome máis ben clásica e se quero cambiar algo, moitas veces vou o libro "Cociña Galega" de Álvaro Cunqueiro, e con esas receitas fago algo diferente. Sempre tendo en conta que a miña filla saiu a mín e por tanto, non come carnes, mentres que o meu fillo Alberto saiu ó pai no de ser carnívoro. Como comensal, non me gusta moito descubrir cousas, así que tamén son clásica, incluso no tapeo.

P: Máis de carne ou de peixe?

R: Pois a carne non me gusta como xa dixen pero o peixe tampouco me encanta. Sólo a pescada, o pulpo e todo tipo de marisco. Realmente son máis de verdura.

P: Algún capricho comestible para momentos concretos?

R: Os meus caprichos son o chocolate maldito e os froitos secos, como noces, améndoas ou pistachos. Polas tardes, se estou aburrida diante da tele e sen plans de sair, poñome con eles e non paro. Tamén me gustan fora da época do Nadal, o turrón e as uvas pasas. Os fillos xa me din que en lugar de estómago teño un bó contedor, no inverno, pero eu creo que como así polo aburrimento.

P: O último xantar que lle sorprendeu e gustou?

R: Pois normalmente non me gustan os capóns, tan tradicionais nas festas de decembro pero unha vez probei na casa das miñas amigas Milgaros e María, de Santiago, un capón desosado e recheo de ciruelas e outras cousas que estaba de morte. Eu comino na sua casa en rodas, como se fose embutido, e logo fixeron outro para mín.

P: E pola contra, algún descubrimento recente pero que non lle gustara?

R: Pois non direi o sitio por non deixalo mal pero en Ourense fai pouco pedín unha fabada asturiana e o que me puseron tiña fabas moi pequenas e duras, estaba moi mal feita.

P: Algo que lle gustaría probar porque o coñece de oídas?

R: Pois me falan moito dun paté de percebe, único no mundo, que fan en Baiona e teño moitas gañas de probalo. Tamén fai pouco me falaron dun prato portugués, que concretamente fan no restaurante "Zé María" de Valença do Miño, en Portugal. Xa fun varias veces ca miña filla, dende Vigo, e comín pratos de bacallao pero quédame probar un que dicen que está moi bó co mesmo peixe pero cociñado dentro dunha bola de pan.

P: ¿Quén ou qué cosa está para comela?

R: Pois o primeiro de nada a miña neta de 12 anos que é neta única e ademáis ten delirio pola aboa. Logo está Bertín Osborne aínda que poida parecer moito arroz para mín soa, pero sempre me encantou.

P: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R: Pois para rillar está o maltrato ós nenos, aínda que sexa un cachete, e por eso me subía polas paredes nunha ocasión que vin a unha nai darlle patadas o seu fillo que estaba chorando e tirándose no chao en plan caprichoso. Eu chameille a atención á muller e aínda por riba me respondeu. Tamén está para rillar o feito de que haxa 5 millóns e pico de parados, xente sen un euro para atender ós fillos. E tamén me parece que son de rillar eses fillos que non se portan ben cos seus pais. Eu non estou nese caso pois teño dous fillos que non os merezo pero sí hai pais enfermos e sen atención.
Os nosos só viven pendentes de nós, e estamos moi orgullosos deles.

P: Pensa que somos o que comemos?

R: Creo que non, ou casi, porque eu teño aspecto redondo polo que como. Bueno, en parte sí pero tamén en parte non... o meu marido era de bó comer e agora sufre consecuencias como niveis de glucosa moi altos.

P: Que lle suxire aquelo de pola boca morre o peixe?

R: Non quero falar de política precisamente por eso: moitas veces é mellor calar e eu, hoxe, non podo falar de política pero esa frase é verdade tal cal.

Comentarios