Morre Tinky Winky, o teletubby morado

Simon Shelton Barnes sufría problemas de saúde relacionados co corazón aínda que se achaca o seu colapso ás frías temperaturas de Liverpool

Sheldon Sherton Barnes era el actor que interpretaba a Tinky Winky. INTERNET
photo_camera Sheldon Sherton Barnes era o actor que interpretaba a Tinky Winky. INTERNET

Simon Shelton Barnes, coñecido por interpretar a Tinky Winky no programa os Teletubbies da BBC, foi achado sen vida nas rúas de Mann Island, da localidade de Liverpool.

Aínda que a noticia do seu falecemento atopou eco nos medios días máis tarde, o actor de 52 anos faleceu por mor dunha serie de problemas de saúde, que se viron agraviados polas baixas temperaturas da localidade británica.

O personaxe de Tinky Winky —que vestía sempre de morado— foi obxecto das críticas despois de que un pastor evanxélico apontoase que era "un personaxe gai. "É de cor púrpura, a cor do orgullo gai, e a súa antena ten forma de triángulo, o símbolo do orgullo gai".

Tampouco faltaron as despedidas, como é o caso de Dipsy —o teletubbie verde— que escribiu " RIP Simon Shelton "alias Tinky Winky": lembrando os bos momentos. Descansa en paz"

Comentarios