Cocina con Leyma: Iogur caseiro

Ingredientes:
1 l leite fresco Leyma Natura
1 iogur natural
50 g leite en po

Pasos:
Quentamos o leite ata que estea morno e retirámolo do lume.
Incorporamos o leite en po ata que se integre e a continuación botamos o iogur, volvendo mesturar ata obter unha mestura homoxénea.
Quentamos novamente se é necesario ata acadar a temperatura desexada (aproximadamente 40º C).
Introducimos nun recipiente con tapa e levamos ao forno prequentado para poder mantelo a esa temperatura sobre unhas 8 horas.
Unha vez que arrefrie, metémolo no frigorífico para deter a fermentación e poder tomalo ben fresquiño.
Poñemos mel ao gusto no fondo dos recipientes nos que vaiamos servilo, engadimos o iogur e coroamos cos nosos froitos secos favoritos. Delicioso!

Más en UNKNOWN