O xulgado de instrución número dous de Redondela, nun auto ditado o 3 de abril, acordou o sobresemento e arquivo das actuacións abertas a raíz do falecemento de dúas persoas tras unha explosión nun piso de Chapela.
Tras as dilixencias levadas a cabo, confírmase a hipótese de que foi o home quen provocou a explosión nun caso de violencia machista, sen que aparezan indicios da participación dunha terceira persoa.
Ao falecer o presunto auto dos feitos, declárase o sobresemento libre.