Imprimir

O concerto de Loquillo na Coruña aprázase a 2021

Efe | 15 de mayo de 2020

Loquillo, durante un concierto no San Froilán. XESÚS PONTE
Loquillo, durante un concierto no San Froilán. XESÚS PONTE
Tamén se cancelou a actuación de Óscar Rosende & Great Straits, no Teatro Colón

O consello reitor do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) acordou aprazar ao próximo ano o concerto de Loquillo, no Coliseum. Tamén se aprazou a actuación de Óscar Rosende & Great Straits, no Teatro Colón, debido á crise do coronavirus. 

Ademais, no encontro tamén se abordaron outros asuntos como a aprobación da prórroga do contrato para o servizo de proxeccións do cine no Fórum Metropolitano. 

Pola súa banda, Iago Martínez, como membro de Marea Atlántica no citado consello, instou ao goberno local a reaccionar e facer da cidade "un porto refuxio para a cultura" ante a crise sanitaria e reclamando medidas neste sentido. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/cultura/concerto-loquillo-coruna-aprazase-2021/20200515220533078132.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)