Estados Unidos pasou este venres o limiar dos 50.000 mortos por coronavirus, atendendo ao balance actualizado pola universidade Johns Hopkins, que cifra o número de contaxios en máis de 870.000. Mentres, o país con máis vítimas mortais en Europa, Italia, mantén a tendencia dos últimos días cun novo descenso no número de pacientes hospitalizados e de casos positivos activos, aínda que sumou outros 420 falecidos en 24 horas, o que eleva o total a preto de 26.000.
En EE UU morreron ata agora un total de 50.031 persoas, máis dunha sexta parte delas no estado de
O número de tests realizados desde a declaración da pandemia aumentou de xeito significativo estes días, ata
Ademais do custo humano, a pandemia ten un efecto devastador na economía norteamericana. Sumando os datos das últimas seis semanas pódese observar que a crise xerada polo coronavirus provocou a destrución de 26,7 millóns de empregos en Estados Unidos.
E todo isto ocorre mentres colean unhas polémicas declaracións do presidente Donald Trump, que suxeriu o uso de desinfectantes para tratar o Covid-19. Tras a polémica, a Casa Branca acusou os medios de comunicación de distorsionar as súas palabras.
A Casa Branca acusa os medios de distorsionar as palabras de Trump
ITALIA. En Europa, os datos publicados este venres polas autoridades italianas confirman a tendencia descendente na aparición de positivos. Atendendo ás cifras de Protección Civil, ata a data confirmáronse 192.994 casos no país, dos que 106.527 están activos, 321 menos con respecto ao dato deste xoves. Os falecidos son xa 25.969.
Polo que respecta aos pacientes hospitalizados e na Uci, mantense igualmente a diminución constatada desde hai días. Así, hai 22.068 pacientes hospitalizados, 803 menos que a véspera, e 2.173 en coidados intensivos, 94 menos. Os casos restantes están nos seus domicilios asintomáticos ou con síntomas leves. Superaron a enfermidade 60.498 pacientes.
Un estudo publicado este venres polo Instituto Superior de Saúde (ISS) a partir de 4.500 casos rexistrados nos primeiros 23 días de abril revela que o 44% dos contaxios rexistrados no país produciuse en residencias de anciáns, un 24,7% nos fogares, un 10,8% nos hospitais e un 4,2% nos lugares de traballo.