O xornalista, escritor e exministro de Cultura Màxim Huerta volverá retomar a súa faceta de presentador de televisión despois de que RTVE o fichara para que conduza un magacín chamado A partir de hoy este verán en La 1.
Huerta (Utiel, Valencia, 1971) volve á pequena pantalla cun programa que combinará a actualidade e o entretemento, informou a corporación pública nun comunicado.
Trátase da reaparición de Huerta como presentador de televisión logo da súa dimisión como ministro de Cultura o 13 de xuño de 2018.
O xornalista, que traballou en Mediaset entre 2005 a 2015, xa colaborara con RTVE: en 2016 presentou na 1 Destinos de película, un programa de viaxes e fora colaborador do espazo de RNE Gente despierta.
Huerta, membro da Academia das Ciencias e as Artes da Televisión e autor de sete novelas, foi nomeado ministro de Cultura por Pedro Sánchez o 6 de xuño de 2018, cargo ao que renunciou o 13 de xuño tras coñecerse que foi sancionado a abonar 366.000 euros a Facenda por 218.000 euros que deixou de pagar en 2006, 2007 e 2008, cando traballaba como presentador de televisión.