Imprimir

Un xabaril atopa un alixo de cocaína con valor de 200.000 euros e esnaquízao

Redacción | 08 de noviembre de 2019

Unha familia de xabarís. AEP
Unha familia de xabarís. AEP
A Policía acabou detendo a tres persoas implicadas no narcotráfico

O asasinato, inexplicable nun principio, dun cidadán albanés fixo á Policía italiana comezar a investigar a un grupo de persoas que parecían ter vínculos co tráfico de drogas.

Unha das súas actuacións consistiu en interceptar chamadas. Nunha delas os axentes escoitaron as queixas dun home debido á perda dun gran alixo de cocaína. O motivo: un xabaril atopara a droga e esnaquizouna.

O 'produto' achábase nun bosque próximo a Siena, escondido en frascos de cristal, e tiña un valor de 200.000€.

Grazas a este feito a operación puido avanzar ata terminar con tres persoas detidas implicadas no tráfico deste tipo de sustancias.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/Cronica/xabaril-atopa-alixo-cocaina-valor-200000-euros-esnaquizao/20191108154201068270.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)