Sánchez di que non tira a toalla e chama a Podemos, PP e Cs a desbloquear

O presidente do Goberno en funcións chama ás forzas políticas a "reflexionar"
Pedro Sánchez. FERNANDO VILLAR (EFE)
photo_camera Pedro Sánchez. FERNANDO VILLAR (EFE)

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, asegurou este xoves pola noite, horas despois de que o Congreso tombase a súa investidura, que non tira a toalla, e fixo un chamamento ás outras tres grandes forzas, Podemos, PP e Ciudadanos a "reflexionar" para desbloquear a situación.

Nunha entrevista en Telecinco, Sánchez lamentou que "por segunda vez" o líder de Podemos, Pablo Iglesias, impediu construír un Goberno progresista pero iso non significa que se resigne.

Insistiu en que os catro grandes partidos deben agora "reflexionar" e deben seguir o "camiño da responsabilidade" e apostou por explorar "outras vías" porque España necesita un Goberno para abordar moitas tarefas, entre elas os Orzamentos do Estado e as consecuencias do Brexit.

Por iso, a pesar de admitir a súa frustración persoal dixo que non se pode permitila no ámbito político e asume a súa responsabilidade sobre a necesidade de formar Goberno pero insiste en que PP, Cs e Podemos deben "facilitar a investidura".

Comentarios