Un tractor atropelou a un ciclista na estrada de Sarria LU-633, en dirección a Samos á altura do Fontao, este sábado sobre as 13.00 horas.
O deportista, que ía acompañado por catro ciclistas máis, descendía dirección Sarria cando lle arroyó un tractor que subía en dirección a Samos e pretendía virar á esquerda para chegar ao seu domicilio. O afectado, que estaba consciente, recibiu un impacto que lle produciu unha brecha na cella, tendo que ser trasladado ao Hula para realizar exploracións máis exhaustivas.
Ata o lugar mobilizáronse axentes da Policía Local, Garda Civil de Tráfico e os bombeiros de Sarria, ante unha posible excarceración.