2000 atletas participarán no ''Circuíto Larsa Corre connosco'' do Recinto Feiral de Lugo

O vindeiro sábado, día 16,  a partir das 17,00 horas, terá lugar en Lugo a sexta carreira do ''Circuíto Larsa Corre con Nos'' nos arredores do Recinto Feiral de Lugo e no estadio Ánxel Carro.

Os interesados en inscribirse poden facelo na web www.championchipnorte.com ou ben na Concellaría de Deportes de Lugo, de luns a venres, en horario de 10,00 a 14,00 horas. Máis de 2000 atletas, entre adultos e alevíns, participarán nas diferentes categorías.
O ''Circuíto Larsa corre connosco'' está formado por sete carreiras que se celebran mensualmente. O próximo 14 de xuño celebrarase a última proba do circuíto no Parque de Frigsa. 

O ''IX Circuíto Larsa Corre connosco'' é unha aposta da marca galega por apoiar o deporte e a vida sa. Larsa tamén patrocina o medio maratón Gran Bahía Vig-Bay 2009 que se celebrou o pasado 29 de marzo en Vigo.

Larsa ''En Galicia os tempos cambian''
Larsa ofrece produtos lácteos elaborados coa calidade e a tradición de sempre que contribúen a manter unha vida sa e equilibrada. Larsa experimentou unha modernización no seu posicionamento como marca saudable de Galicia que se adapta cos seus produtos, formatos e ton de comunicación aos estilos de vida dos galegos durante os últimos 75 anos.

Comentarios