28 restaurantes participan no Mes do cocido de Lalín

(Foto de archivo)
photo_camera (Foto de archivo)

O Mes do Cocido de Lalín comeza o xoves 15 de xaneiro coa participación de 28 restaurantes do municipio que, en conxunto, ofertan máis de 3.700 prazas. Neles, os visitantes poderán degustar o prato típico a prezos que van dos 15 aos 45 euros.

Así o anunciaron os concelleiros de Cultura, Nuria Rodríguez, e Turismo, Nicolás Varela, na presentación da XI edición do evento. Alí estiveron acompañados polos restauradores José Luís Iglesias e José Antonio González.

O Mes do cocido de Lalín celebrarase, como é habitual, desde San Amaro a San Valentín; é dicir, do 15 de xaneiro ao 14 de febreiro. Durante este tempo, a localidade celebrará unha vintena de actos culturais e deportivos.

Comentarios