40 marcas de Rías Baixas acoden a Vinexpo Bordeus na caseta deste consello regulador

40 marcas adscritas a este Consello Regulador participan,  desde o pasado domingo e ata o xoves, en Vinexpo Bordeus. O D.O. Rías Baixas conta cunha caseta propia de 12 m2 dentro do pavillón do ICEX, no que os visitantes exclusivamente profesionais poderán degustar 40 marcas pertencentes a esta denominación de orixe, a cuxa participación hai que sumar a dalgunhas adegas que acoden cunha caseta propia ou dentro do posto do seu importador.

Para o D.O Rías Baixas, Vinexpo Bordeus, que xa se atopa no seu 15 edición, é unha cita ineludible debido á súa gran traxectoria profesional. Considerada a primeira feira mundial e a de carácter máis internacional do sector do viño e doutras bebidas alcohólicas,  conta con 41.000 m2, con 2.131 expositores procedentes de 41 países; con máis 50.400 visitantes de 135 países.

Comentarios