43 Aniversario da festa do xamón na Cañiza

Este fin de semana, celébrase na localidade pontevedresa da Cañiza, a famosa festa do xamón, que leva realizando desde 1966 inisterrumpidamente.

A xornada gastronómica comeza a partir das 11,00 da mañá coa saída da Comitiva do xamón desde as portas da Casa Consistorial da Cañiza. O desfile encabézano os típicos carros do país seguidos de mozos ataviados con traxes rexionais, quen, á súa vez, portan algunhas das bandexas de xamón. Todos eles acompañados por un grupo folclórico, polos centenarios cabezudos da Vila e os membros da Confraría do Xamón. A comitiva desfilará polas rúas da Cañiza ata chegar á Praza Maior onde, desde as 11 da mañá, poderanse adquirir, nunha palloza cuberta de colmo, os tickets que dan dereito á degustación das diferentes tapas de xamón postas á venda.

Un xamón de gran calidade

O municipio da Cañiza conta cun microclima frío e seco, especialmente adecuado para o curado dos produtos cárnicos. Iso unido aos 600 metros de altitude, o grao de humidade e a profesionalidade e bo facer dos empresarios do ramo, fixeron que na Cañiza, de sde sempre, o xamón alcance un nivel de curación de excepción e sen competencia na comarca.

Do bo xamón da Cañiza tamén se fala no apéndice do libro titulado Festas Gastronómicas de Galicia publicado por Mariano García e Fina Casalderrey e editado por Edicións Xerais de Galicia.

Comentarios