A CATA da guía de viños e augardentes destaca a gran calidade licores

paportada.jpg
photo_camera paportada.jpg

Corenta e cinco destilados amparados polo Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia protagonizaron unha cata da Asociación Galega de Catadores. Dez profesionais do sector, integrados por directores técnicos de Consellos Reguladores, catadores, distribuidores e xornalistas especializados, realizaron a cata cega.

Os catadores coincidiron en destacar a gran calidade dos destilados. Neste sentido, a doutora en Química e investigadora da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia na liña de Augardentes, Sandra Cortés, destaca ''a intensidade aromática dunhas augardentes, sen defectos, con peculiaridades propias das variedades, con diferentes matices; en boca suaves, redondos e glicéricos –con moito extracto-''.

A segunda parte desta cata cega, celebrada no Instituto de Formación Profesional Compostela en Lamas de Abade, estivo protagonizada polos licores de herbas e café. Os licores café caracterizáronse por estar ben ensamblados, sen destacar ningún dos seus compoñentes (a augardente e o café) sobre o outro. En fase visual, os licores café eran limpos, brillantes, con notas marróns chocolate e con reflexos de tipo ocre. En boca, longos e persistentes, con notas en chocolate e cacao. Nalgún caso atopáronse notas a froitos secos, turrón e avellana.

En definitiva, podería dicirse que os produtos pasaron a cata cun éxito rotundo, éxito que se destacará na guía de Viños, Augardentes e Adegas de Galicia (Ed. Xerais).

Comentarios