47 Marcas da denominación de orixe Rías Baixas, presentes na London Wine

O Consello Regulador da DO Rías Baixas participa na vixésimo novena edición da London Wine. Un total de 47 marcas, pertencentes a 28 adegas, están presentes estes días na caseta de 12 m2 que o CR ten dentro do Pavillón español do ICEX. A London Wine, que se celebra do 12 ao 14 de maio no recinto londiniense de Excell, é unha feira de referencia e unha das máis prestixiosas do sector a nivel mundial.

Este encontro profesional conta cunha gran relevancia e traxectoria internacional. Trátase dun destino crave para os compradores de viño europeos, norteamericanos e asiáticos. En 2008, a superficie deste evento foi de 20.000 m2, 1.258 expositores, 14.903 visitantes, o 26 % estranxeiros.
 
26 viños desta Denominación de Orixe (12 máis que en 2007) foron premiados no Decanter World Wine Awards 2008, que outorga a prestixiosa revista do mesmo nome e que é referencia de consumo para afeccionados de todo o mundo. En 2008, viños de Rías Baixas conseguiron dous Ouros, catro Pratas, doce Bronces e 8 Commended. Todos os anos durante a London Wine danse a coñecer os viños premiados cos Decanter World Wine Awards, este ano 2009.

Reino Unido é o segundo mercado internacional en importancia para as adegas de Rías Baixas. Así o demostran os datos do exercicio 2008, onde as exportacións a Reino Unido foron de 364.820 litros.

Comentarios