50 profesionais do servizo hostaleiro someten a exame a súa formación e cualificación profesional

Convocados pola Asociación Galega de Maitres e Técnicos en Hostalería, co seu presidente á fronte, José Vicente Gómez Branco, medio centenar de profesionais entre camareiros, maitres, barman e catadores, analizarán os actuais programas de formación regulada, ocupacional e continua para este colectivo, as súas necesidades e posibilidades de mellora, nunha xornada de traballo que inclúe catas dirixidas, sesión maxistral de corte de xamón, e unha exhibición de coctelería.

Participarán, entre outros, os máximos responsables das asociacións profesionais de catadoras (David Barco, Presidente de AGASU, e Xurxo Rivas, Presidente da Asociación de Catadoras Gallaecia), de barman (con Diego Mosquera, Vicepresidente de AGABA) e de baristas (con Augusto Morais, Presidentes da ABAGA), e os máximos responsables da Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia. Juan Silva e da Asociación de Empresarios de Hostalería da Coruña, Héctor Cañete.

A xornada será inaugurada pola responsable de asuntos turísticos da Deputación provincial da Coruña, Rosanna Pérez) e clausurada polo alcalde de Pobra do Caramiñal, Isaac Maceira, que acolle a xornada.

O encontro que se celebrará o vindeiro luns nas instalacións da Adega Entre vos Ríos e canta co apoio da Mancomunidade Arousa Norte.

Comentarios