8 cortadores de xamón dispútanse a final do III concurso autonómico

8 cortadores profesionais de xamón dispútanse este venres a gran final do concurso autonómico de cortadores de xamón serrano, na Fundación de Feiras e Exposicións de Lugo.

Os participantes que se disputarán o título de gañador son, na provincia de Ourense, Raúl García Barriga, mestre cortador, e Uxío Fernández, do Restaurante Caldelas Sacra. Procedende da Coruña, participará Luís Amil, do Hotel Hesperia Finisterre, e de Vigo, Mari Carmen Pérez Gil, da Jamonería Jaqueyvi.

A provincia de Lugo acode á cita con dous representantes, Pedro Lucas Moreno, da Adega os Infantes, e Francisco Javier Alonso, do Restaurante Louzao, en Viveiro. Dous profesionais cortadores son tamén os que participan de Santiago, Julián Torres Ouro e José Manuel Míguez Cid, ambos da Bodeguilla de San Lázaro.

A actividade, organizada polo Club Profesional de Cortadores, suporá a final do concurso tras celebrarse fases eliminatorias en diferentes cidades galegas ao longo do ano. Os participantes terán que competir por alcanzar as máximas cualificacións tendo en conta o estilo, o grosor e o tamaño da loncha, a limpeza ou a rectitude no corte, entre outros aspectos.

Comentarios