Cambados, capital da enogastronomía europea

Unhas noventa confrarías enogastronómicas de oito países europeos inscribíronse para participar no VII Congreso que se celebra os días 6,7 e 8 de novembro en Cambados e Santiago de Compostela e que ten como presidenta de honra á infanta Elena. A delegación cunha representación máis ampla é a de Italia, con 34 confrarías, seguida de España, con 32 e, a unha considerable distancia, Portugal, con dez agrupacións.
Desde Francia está prevista a chegada de seis confrarías; tres desde Bélxica; outras tantas de Grecia e só unha de Hungría igual que desde Estonia.

En total, reúnense en Cambados, no primeiro fin de semana de novembro, ao redor de cincocentas persoas ataviadas coas súas singulares vestimentas. Para a celebración deste encontro europeo en Galicia, a organización tivo en conta a coincidencia coa celebración do Ano Cabanillas en Cambados e a inminencia do Ano Santo.

Na reunión celebrada o pasado sábado, coa presenza do presidente de Ceuco, o valenciano Carlos Martín Cosme, do delegado territorial, Luís Aragunde, e do rpesidente de Fecogal, pedro piñeiro, entre outros, acordouse o programa de actividades do congreso que se inicia o venres, día 6, coa asemblea xeral de Ceuco, ás 19 horas, no auditorio da Xuventude. A continuación celébrase unha recepción no Parador.

O sábado, 7, inaugúrase o sétimo congreso europeo no Auditorio dá Xuventude, coa presentación de diversos relatorios que darán paso ao mediodía, á entrega dos premios Aurum, entre outros á mellor confraría europea de 2009 xunto coa entrega do bastón de mando ao próximo país organizador do oitavo congreso. O domingo, os participantes trasládanse a Santiago, onde se desenvolverá unha concentración das confrarías na entrada do camiño Xacobeo e logo asistirán á misa do Peregrino.

Comentarios