Abadía de San Campio e Pittacum Barrica, de adegas Terras Gauda, reciben tres premios

O Pittacum barrica, da adega berciana de Terras Gauda, conseguiu unha Medalla de Ouro no Concurso Mundial de Bruxelas  e unha de Prata nun certame celebrado en Nova York, onde o Albariño Abadía de San Campio logrou outro galardón

Adegas TERRAS GAUDA conseguiu 3 novos premios en prestixiosos concursos internacionais. O Albariño Abadía de San Campio recibiu a Medalla de Prata no Finger Lakers International Wine Competition, celebrado en Nova York, onde o Pittacum barrica 2006, da adega berciana de Terras Gauda, logrou o mesmo galardón.

No Finger Lakers International Wine Competition  os viños de Adegas Terras Gauda competiron con prestixiosos viños de países de todo o mundo, que foron valorados por un xurado composto por expertos catadores de Francia, Reino Unido, Alemaña, Austalia, Canadá, Estados Unidos e España.

O Pittacum barrica 2006 recibiu, ademais, a Medalla de Ouro no Concurso Mundial de Bruxelas ante un xurado composto por 250 catadores internacionais de 41 nacionalidades diferentes.

Máis de 6.200 viños de 54 países de todo o mundo participaron no Concurso Mundial de Bruxelas, creado en 1994, e no que anualmente presentan os seus caldos as adegas máis recoñecidas do sector vitivínicola internacional.

Adegas Terras Gauda, que comercializa os seus viños Terras Gauda,  Terras Gauda etiqueta negra e Abadía de San Campio en 36 mercados internacionais,  incrementou un 33% as exportacións o ano pasado, no que captou novos mercados en Asia (Hong Kong, Filipinas, Vietnam e Laos) e Europa e reforzou a súa posición en EEUU tras asinar unha nova alianza con Codorniu.

Adegas Pittacum, que forma parte de Terras Gauda desde o 2002, está presente en 24 mercados internacionais e incrementou un 80% o nivel de exportacións no 2008.

Comentarios