Augas de Mondariz, recoñecida entre as mellores do mundo

A marca de auga premium de Augas de Mondariz, ''Elite by Mondariz'', obtivo dous galardóns no ''Superior Taste Award 2009'' outorgados polo International Taste and Quality Institute (iTQi) de Bruxelas. O xurado deste certame, integrado por chefs e catadores das principais asociacións culinarias e de catadoras de Europa, concedeu a cualificación de tres estrelas (excepcional) á variedade de ''Elite by Mondariz'' sen gas e a de dúas estrelas (sobresaliente) á variedade con gas. Augas de Mondariz é a única empresa galega que conseguiu este recoñecemento entre 290 compañías de todo o mundo polo seu produto ''Elite by Mondariz''.

Elite é a marca de auga natural premium ou gran reserva que Augas de Mondariz obtén dos seus mananciais centenarios e que comercializa desde hai un ano cunha produción limitada para establecementos de alta restauración. Na súa primeira edición, as botellas de ''Elite by Mondariz'' contan cun deseño exclusivo que homenaxea ao mundo náutico. Desde 1873, as augas de Mondariz gozaron do recoñecemento mineromedicinal polas súas especiais condicións, converténdose hoxe en día nun referente de nivel internacional pola súa calidade e pureza. O enriquecemento natural especial da auga de Mondariz procede da súa profundidade e antigüidade, froito do filtrado ao longo de máis de 150 anos a través das rocas graníticas características deste subsolo. Única marca de auga española con dous premios Nesta edición do ''Superior Taste Awards'' foi sometida a análise xunto a outras 39 augas de todo o mundo e converteuse na única marca de auga española en conseguir dous premios e nunha das cinco marcas de auga de todo o mundo en obter a cualificación de tres estrelas (excepcional). Segundo o director xeral de Augas de Mondariz, Javier R. Losada, este recoñecemento ''sitúa a Elite by Mondariz, con só un ano de vida, no top internacional das augas premium ou gran reserva''.

''é un premio que dá continuidade aos recoñecementos internacionais que Augas de Mondariz recibiu tradicionalmente e que a fixeron provedora oficial da Casa Real nos séculos XIX e XX'', apunta o director xeral da compañía.

Instituto Internacional de Sabor e Calidade O iTQi (Instituto Internacional de Sabor e Calidade) de Bruxelas é unha organización independente formada por destacados chefs e catadores de distintos países creada para analizar, xulgar e promover os mellores alimentos e bebidas de todo o mundo. Con tal finalidade, instaurou uns premios que anualmente distinguen aos mellores sabores e que, na edición correspondente a 2009, someteu a avaliación a preto de 800 produtos de 75 países. No proceso de avaliación, os produtos son degustados a cegas, sen envoltorio e sen ningún tipo de identificación por renombrados chefs e catadoras -líderes de opinión en materia de análise de sabores- pertencentes ás asociacións culinarias e de catadoras máis prestixiosas de Europa: Maîtres Cuisiniers de Francia e Bélxica, Academy of Culinary Arts, Hellenic Chefs' Association, Académie Culinaire de Francia, Verband der Köche Deutschlands, Jeunes Restaurateurs d'Europe, Federerazione dei Cuochi Italiana, Portuguese Chefs Association, Årets Kock of Sweden, Euro-Toques e a Association da Sommellerie Internationale (ASI).

Comentarios