Alejandro Gómez proclámase campión da VIII campionato galego de coctelería

coctel_faldon.jpg
photo_camera coctel_faldon.jpg

Se algo chamou a atención na VIII edición do Campionato Galego de Coctelería, celebrado no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de, foi a orixinalidade dos nomes que os 17 participantes puxeron aos seus cócteles: ''A laranxa mecánica'' ou ''A miña cosita''  provocaron o sorriso do público asistente, que este ano coincidiu na falta de participantes femininas, só dúas mulleres.

Os seis finalistas tiveron 15 minutos para improvisar un cóctel con algún dos produtos amparados polo Consello Regulador das Denominacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (licor café ou de herbas, augardente, augardente envellecido, ou de herbas). O galardón do cóctel con Bagazo de Galicia desta edición recaeu en Sergio Soto, por ''Terra Nai''.

Os finalistas tiveron un máximo de seis minutos para elaborar os seus cócteles, que non podían levar máis de seis ingredientes e, nos que se valoraron a súa destreza na elaboración, a presentación e  o seu sabor. O campionato galego de coctelería foi para Alejandro Gómez co seu cóctel ''Bodysweet'', quen representará a Galicia no Campionato Nacional na modalidade de Xefes de Bar; mentres que os compostelán Marcos Martínez co seu cóctel ''Tensión'' fíxose co subcampeonato, o que lle permitirá representar a Galicia no campionato nacional na modalidade de novos barmens, e tamén co premio á mellor técnica.

Finalmente, José Manuel García co seu cóctel “Sisé” alzouse co galardón especial do xurado degustador.

Comentarios