Algunhas choivas para iniciar unha fin de semana con temperaturas de primavera

Meteogalicia
photo_camera METEOGALICIA

Galicia vive este sábado con ceos parcialmente cubertos que descargarán algunhas choivas, máis persistentes na franxa atlántica. Iso si, co avance do día prevese que se abran claros no leste das provincias de Lugo e Ourense. 

Atendendo ás previsións de Meteogalicia, unha das principais noticias da xornada volve estar nas temperaturas, porque non van experimentar cambios significativos. E é que seguen altas para esta época do ano, como evidencian os 20 graos que se alcanzarán en Ourense ou os 19 da Coruña. As mínimas na Galicia urbana non baixarán dos 11 esperados para Lugo.