Altino 2008

Vino_(33_2011) Altino 2008.JPG
photo_camera Vino_(33_2011) Altino 2008.JPG

Zona: D.O. Rioxa. Colleita: 2008. Maridaxe: Pementos recheos de carne e champiñóns, en salsa de foie. Graos: 13,5% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 14-15º

Encapsulada de vermello, cunha figura en relevo na parte superior, resalta o nome deste viño. Con todo, o que máis chama a atención desta enigmática botella é que na parte inferior da etiqueta aparece un topo. Detéñome nestes pequenos detalles porque moitas veces son os que fan decantarse por unha botella ou por outra. A contraetiqueta conta que o nome fai referencia á orixe das uvas: un viñedo chamado Altino que se sitúa na Sonsierra rioxana, entre a serra de Cantabria e o río Ebro. Sobre terrazas crecen desde hai máis de cincuenta anos as cepas de tempranillo das que se obtén as uvas coas que se elabora o Altino 2008, un rioxa mozo que antes de chegar ao padal descansa en barricas de carballo francés durante oito meses e o resto en botella.

Cata
Dunha cor cereixa e un ribete entre aframbosado e violeta, o que denota a súa mocidade. Nariz de boa intensidade, onde os aromas frescos e froiteiros de froitas vermellas ensamblan con vainillas e torrefactos achegados pola madeira, tamén se aprecian café, tabaco e especias.

Comentarios