Altos de Losada 2006

Zona DO: Bierzo. Colleita: 2006. Uva: mencía. Maridaxe: cervo á augardente. Grao: 14,5% vol. Temperatura de consumo aconsellada:13-14º

"Se en Bordeus os viños máis elegantes obtéñense de chans arcillosos, ¿por que non facemos o mesmo no Bierzo?". Logo desta importante reflexión iniciouse o proxecto de Adegas Losada Viños de Leira. E é verdade que este xeito de pensar supuxo todo un cambio no xeito de entender a viticultura no Bierzo.

A proposta desta adega é ofrecer viños dun extraordinario potencial, polo que non podemos crer que só coa acertada elección do tipo de chan obtense a clave para o éxito do Losada 2006, debemos destacar tamén unha importante aposta pola viticultura de calidade, reducindo a produción e equilibrando o viñedo para próximas vendimas. Non hai que esquecerse tampouco do rigoroso esmero co que se realiza o traballo na adega, desde a recepción da uva ata o embotellado da última botella e a súa saída ao mercado.

Picota
Cor picota moi escuro con ribete amoratado e capa alta. En nariz destacan a froita negra e vermella madura, balsámico con toques tostados e de cacao, matiz mineral. En boca é agradable e persistente, cun corpo carnoso, acidez correcta e madeira de calidade.

Comentarios