Án/2 2008, un sabor balear

VInoiuntitled.jpg
photo_camera VInoiuntitled.jpg

Zona: D.O. V.T. Mallorca. Colleita: 2008. Maridaxe: Asado de tenreira en cazola de cogomelos. Graos: 13.5% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 16-18º

A pesar de que adoitamos asociar Mallorca con sol e praia, tamén hai grandes viños por estas terras. E grandes adegas, como a An Negra Viticultors, soño de tres amigos empeñados en recuperar as variedades autóctonas da illa. O inicio foi difícil, pero ao pouco tempo esta aposta polas uvas de máis alta calidade e autóctonas recibiu recoñecemento. Hoxe ofrécenos uns viños cun ‘cuopage' máis rico en variedades mallorquinas, como podemos apreciar a continuación.

Cata

Cor granate, con reflexos rubí intenso de boa bágoa. Aromas intensos, finas notas de froita vermella de óso doce e algo licorosa sobre o fondo especiado e cremoso do carballo, apuntamentos de turba e cacao. En boca móstrase intenso, carnoso, saboroso, con aromas de froita e carballo conxugados. Finos apuntamentos balsámicos e de froita licorosa, especiada e fragante para o final.

Comentarios