ANECDOTARIO ►Areñas quentando a previa ►A pitada ao himno galego -vídeo- ►Un lucense, ferido ►Dúas afeccións irmandadas ►Dous tuits para unha derrota

O encontro que este martes levaba o Breogán a ter que aprazar un ano máis o soño da ACB deixounos algunhas anécdotas. A primeira delas, a pitada ao himno. Ninguén emulou, nin moito menos, o sucedido na final da Copa do Rei de fútbol, pero, con certa picaresca, o Paco Paz asubiou sobre os versos de Eduardo Pondal no momento en que a letra citaba, como non, a "Breogán". Un detalle sen importancia - dado que o irmandamento entre ourensáns e lucenses foi total- do que lles deixamos un vídeo.

Con certa picaresca, o Paco Paz asubiou sobre os versos de Eduardo Pondal no momento en que a letra do himno citaba a "Breogán"

Algo que si molestou a algúns espectadores breoganistas foi o exceso de celo das forzas de seguridade no recinto, que varios membros da marea celeste denunciaron desde Twitter. Aínda que, insistimos, é unha anécdota dentro dunha eliminatoria exemplar que finalizou con ambas as dúas penas dedicándose un aplauso mutuo.  Tamén foi destacable a ovación que recibiu ao termo do partido por parte dos seguidores lucenses desprazados ata Ourense o adestrador Lisardo Gómez, afundido tras o duro revés.

Tamén se mostraba abatido ao termo do duelo Álex Llorca, que publicaba no seu perfil de Twitter as seguintes mensaxes:


A cita tamén nos deixou un suceso: un lucense resultou ferido as inmediacións do Paco Paz ao pasarlle por encima dun pé, por accidente, un coche.

A previa ao encontro tamén nos deixaba un momento especial, Areñas, eterno speaker do Pazo, quentando o ambiente:

Comentarios