O anticiclón emprende a súa marcha

Este martes será unha xornada de transición, na que se perderá progresivamente a influencia anticiclónica. Con esta situación, espéranse bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceo pouco nubrado ou despexado, cun aumento das nubes polo oeste ao final do día. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo, de dirección variable. Pola súa banda, as temperaturas non experimentarán cambios significativos. 

Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán ata os 17 graos en Pontevedra, mentres que os valores mínimos descenderán ata un grao en Ourense e Lugo. 

Comentarios