Arcade celebra a súa semana da Gastronomía

Hoxe, xoves 18 de xuño ás 12:00 na Sede de Vigo da Deputación de Pontevedra, o Vicepresidente da Deputación de Pontevedra e Presidente de Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa, presentará a III Semana Gastronómica de Arcade e a III Ruta do Petisco.

A gastronomía como instrumento de promoción do sector da restauración. Este é o gran obxectivo da III Semana Gastronómica de Arcade  que servirá de escaparate para todos os restaurantes da zona.

Nas próximas edicións preténdese facer algunhas actividades paralelas, por exemplo un certame de cociñeiros, informou Figueroa. Mentres, a presidenta da AEAS non descartou que se organicen packs turísticos de maneira que os visitantes que acudisen á zona, ao hospedarse nun hotel tivesen ben un desconto nun restaurante ou outra cousa similar.

Ruta do Petisco

Tras a III Semana Gastronómica celebrarase a Ruta do Petisco de Arcade,  na cal participarán en total representantes do sector da restauración.

Comentarios