Arroz do Señorito

Arroz del Señorito
photo_camera Arroz del Señorito



Ingredientes

Para 4 persoas
200 grs. de fritada de tomate
100 grs. de ajetes
100 grs. de lagostinos pelados
200 grs. de losqueada de rape
200 grs. de lura
200 grs. de lagostinos
400 grs. de arroz
2000 grs. de caldo de peixe
10 grs. de brandy
4 grs. de allo picado
Azafrán en hebras
Colorante
Sal

Elaboración
Picamos os lagostinos, as luras, os ajetes e a losqueada de rape en anacos pequenos. Sobre a paella incorporamos o aceite e o sal, quentamos ben e engadímoslle o picado anterior. Deixamos que doure ben por todas as partes a lume forte, engadímoslle o allo picado, coidando de que non se queime e flameamos co brandy.

Cando se evapore o alcol engadímoslle a fritada e o caldo de peixe. En canto rompa a ferver, incorporámoslle as hebras de azafrán e o colorante ata obter a cor desexada e inmediatamente o arroz.

O arroz ten que estar a cocer doce minutos a lume forte, e os tres ou catro minutos finais a lume suave ou ao forno para terminar de evaporar o caldo. Cando este cocendo o arroz podemos engadirlle perexil picado se o desexamos.

Mentres esta cocendo a paella pelamos e picamos os lagostinos, as cales as engadiremos nos minutos finais por encima do arroz para que se note ao presentalo na mesa.

En todo este proceso temos que ter coidado que o arroz non se pegue á paella.

Suxestión
A paella para catro persoas debe ter un diámetro de polo menos cincuenta centímetros; a altura do arroz non debe pasar dun centímetro e medio. Canto máis fino sexa o arroz máis
gustoso e solto quedará.

Autor: J. Ramón Rodríguez Luis

Xefe de Cociña do Centro Comercial Compostela, de Hipercor.

Comentarios