Bacallau

O bacallau é un peixe pobre en graxas. Vive nas augas frías do Mar do Norte, onde hai unhas 60 especies de bacallaus. É o peixe branco máis consumido en Europa e un dos máis populares en todo o mundo. Non só se consume en salazón, tamén é habitual atopalo fresco. En Portugal coñécense máis de 500 recetas de bacallaus, todas elas exquisitas. Tamén se consume moito no País Vasco.

O nome bacallau significa que ''está totalmente mollado''. Polo xeral, o bacallau é de tamaño pequeno, aínda que algúns exemplares poden chegar a alcanzar os 100 quilos de peso cun tamaño de ata case dous metros. Aliméntase doutros peixes máis pequenos, como o arenque.

Ingredientes

  • Bacallau.
  • Perexil.
  • Leite.
  • Fariña.
  • Manteiga.
  • Pementa negra.


Elaboración
Pochar o bacallau previamente desalado. Facer unha salsa coa manteiga e a fariña ás que, unha vez ben mesturadas, imos engadindo o leite e, finalmente, a pementa e o perexil picado. Este mollo de perexil vértese sobre e sírvese.

Comentarios