'Bar Malpica' gaña na categoría tradicional do II Concurso de Tapas de Fene

O establecemento 'Café bar Malpica', coa súa lingua estofada, logrou o primeiro premio na modalidade de tapa tradicional do II Concurso de Tapas de Fene, organizado pola Concellería de promoción económica do concello, dirixida polo nacionalista Manuel Polo.

O xurado formado polo concelleiro de promoción económica, Manuel Polo Gundín; o xornalista gastronómico Miguel Vila Pernas; Xabier Santamaría Somoza, profesor técnico do F.P. de Hostalería do IES Fraga do Eume, e representando á Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene 'O Cruceiro', Teodomiro Hidalgo, farmacéutico de Fene, percorreu todos os establecementos participantes nesta categoría, degustando as tapas e valorando as súas características.

Ademais do gañador, quedou como subcampión o establecemento Cervexería A Morriña, grazas á súa carne estofada.

Comentarios