Barreiro asegura que no PP "confían" en Cristina Cifuentes

O portavoz do partido no Senado cre que a política deu explicacións "claras" sobre o máster que cursou na Universidade Rei Juan Carlos

José Manuel Barreiro. XESÚS PONTE
photo_camera José Manuel Barreiro.XESÚS PONTE

O portavoz do PP no Senado, o lucense José Manuel Barreiro, asegurou que no seu partido "confían" na presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes, e considera que deu "explicacións claras" sobre a polémica do máster que cursou na Universidade Rei Juan Carlos (URJC). 

Antes da comparecencia de Cifuentes nun pleno extraordinario na Asemblea de Madrid, Barreiro remitiuse nunhas declaracións en Lugo ás explicacións que dea a presidenta durante esta xornada. 

Non son os orzamentos do PP nin de Rajoy

Barreiro compareceu este mércores para informar os investimentos nos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) na provincia de Lugo. Así, realizou unha "invitación á responsabilidade" do Partido Socialista para que se somen á aprobación dunhas contas que cualifica de moi "sociais". 

"Non son os orzamentos do PP nin de Rajoy; e en Lugo van permitir que a metade da poboación lucense vexan melloradas as súas posturas", asegura. 

No tocante a Lugo, asegurou que "un 46 por cento da poboación verase beneficiada de forma directa da aplicación dos orzamentos e nove de cada dez pensionistas lucenses van ter beneficios derivados" destas contas. 

Comentarios