Besteiro descarta que o PP gañe as eleccións

Para as listas electorais do seu partido, o líder dos socialistas galegos sinala que "haberá novidades"
Gómez Besteiro, durante la conferencia de prensa sobre las enmiendas a los Presupuestos Generales del Estado
photo_camera Gómez Besteiro, durante la conferencia de prensa sobre las enmiendas a los Presupuestos Generales del Estado

O secretario xeral do PSdG, José Ramón Gómez Besteiro , asegura que o resultado das próximas eleccións xerais será "crucial" para a vida dos galegos e afirma que non se lle pasa pola cabeza que as poida gañar o Partido Popular.


Nunha entrevista na Radio Galega, o líder dos socialistas galegos sinalou o antecedente das municipais, nas que houbo un "esborralle sen precedente" do PP pola "contestación" dos cidadáns a unhas políticas "durísimas" do partido de Mariano Rajoy, tanto no conxunto de España como en Galicia.

Considerou que esas políticas se están facendo "á conta de quen menos teñen" e están a deixar unha sociedade "máis desigual" en xeral e "peor" en Galicia, "onde a diverxencia é máis crecente". 

PSdG. Para as listas electorais do seu partido, o líder dos socialistas galegos apuntou que haberá novidades" e que o partido ten un "cadro de persoas magnífico" para concorrer ao Congreso e ao Senado, máis aló de quen vaia nelas.

Afirmou, ademais, que tampouco se lle pasa pola cabeza seguir imputado cando se celebren eses comicios e insistiu en que non hai nada penalmente reprochable na súa actuación, polo que non manexa ningún plan b, xa que "ou hai caso ou non o hai" e el defende "con rotundidade que non o hai".

OPERACIÓN PATOS. Sobre os seus compañeiros presuntamente salpicados na Operación Patos, que investiga supostas irregularidades na contratación con administracións, afirmou que non se coñece "practicamente nada" polo que insistiu en pedir axilidade á xustiza para poder tomar as decisións que haxa que tomar e evitar danos colaterais.

Por outra banda, Gómez Besteiro defendeu que o seu discurso é "absolutamente complementario" co do alcalde de Vigo, Abel Caballero, de quen dixo que se sente "moi orgulloso" e que desde onte é presidente da FEMP.

Tamén aludiu á posibilidade de presentar unha moción de censura na Deputación de Lugo e confía en que "a situación de anormalidade democrática se reconduza". 

Comentarios