Bica de Trives

Ingredientes:
- 400 gramos de azucre
- 400 gramos de fariña de forza
- 200 gramos de manteiga de vaca (derretida e fría)
- Un vaso de leite
- Dous ovos
- Ralladura de limón
- Un sobre de fermento
- Un belisco de sal
- Manteiga para untar o molde
- Azucre glass
- Canela

Modo de preparación:
Mesturar todos os ingredientes con batidora menos a fariña e o fermento, que se mesturan entre si
Engadir á mestura da batidora o fermento e a fariña, e colocar todo nun molde rectangular previamente untado con manteiga.

Unha vez posta no molde, metela ao forno, que haberemos precalentado a 180 graos, durante unha hora aproximadamente

Para saber se está cocida pícase cunha agulla que debe saír limpa. Sacar do forno e espolvorear co azucre e a canela. Deixar arrefriar antes de desmoldar.

Comentarios