O bo tempo resístese a marchar: máis sol e calor para este mércores

Mantense a influencia do anticiclón sobre Galicia, polo que se espera unha xornada de tempo seco e asollado en xeral.

Así, a comunidade amencerá con nubes baixas e néboas no terzo norte, e ceos pouco nubrados ou despexados no resto.

Pola tarde, os ceos estarán mais nubrados canto máis ao norte e con formación de nubes de evolución no leste. As temperaturas non experimentarán cambios significativos en xeral, con lixeiros descensos das máximas na metade norte. O vento soprará frouxo de compoñente norte.


Temperaturas mínimas e máximas previstas:
A Coruña 16° 24°
Ferrol 14° 25°
Lugo 15° 30°
Ourense 17° 35°
Pontevedra 15° 30°
Santiago de Compostela 15° 28°
Vigo 17° 29°. 

Comentarios