Boletus

'Boletus edulis' é o nome en latín dunha seta comestible. Este fungo pode atoparse de cotío en piñeirais. É unha seta que acada dimensións notables. Polo xeral, o sombreiro chega a medir de sete a vinte centímetros de diámetro e o pé tamén pode adquirir a mesma altura.

Esta seta é unha das máis apreciadas polo seu sabor e textura. O nome latino da seta, edulis, indica que é comestible. Este fungo emprégase tanto cociñado como en conservas (en vinagre ou aceite). A carne desta seta é branca (tirando hacia marrón) e compacta, tanto no sombreiro como no pé, aínda que os exemplares máis vellos adoitan amosar unha carne máis mol. Non despide cheiros particulares e ten un sabor ben definido: doce como o das abelás.

Ingredientes

  • Boletus edulis.
  • Améndoas.
  • Tona.
  • Pementa.
  • Touciño.
  • Sal.


Elaboración
Torrar e moer as améndoas. Engadir a tona, a pementa e o touciño e deixar reducir. Salgar e afornar os boletus, ós que se engade o mollo anterior.

Comentarios