A borrasca deixará vento, choiva e frío este xoves

Este xoves Galicia quedará na influencia dunha profunda borrasca situada ao sur de Irlanda que enviará unha fronte fría durante a mañá e deixará temporal de vento no mar. Con esta situación, o día empezará con ceo cuberto e choivas. 

Pola tarde abriranse claros e as choivas terán carácter intermitente para volver cubrirse pola noite o ceo con precipitacións persistentes durante a madrugada. A cota de neve irá en progresivo descenso ata quedar pola noite nos mil metros. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará forte do suroeste, con intervalos moi fortes no litoral pola noite. 

Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un notable ascenso, mentres que as máximas seguirán sen cambios. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán ata os 14 graos en Vigo, A Coruña, Ourense, Ferrol e Pontevedra, mentres que os valores mínimos descenderán ata os 11 graos en Lugo e Santiago. 

Comentarios