Bo paladar

A carne de pato é un dos productos que se extraen deste ave, da que tamén se obteñen productos de calidade como o xamón e o foie gras. É a finais do verán cando comeza a temporada de caza dos patos silvestres, se ben durante todo o ano se pode adquirir o parrulo de granxa, que presenta un sabor máis suave que o silvestre e unha carne máis graxosa e xugosa.

Ingredientes

  • Foie de pato.
  • Patacas.
  • Pan de trigo.
  • Sal maldon.

Elaboración

Primeiro faise unha tosta de pan. Acto seguido córtanse as patacas o máis finas posibles e frítense. Unha vez feito isto, colócanse enriba do pan. Despois córtanse uns escalopes finos de foie, póñense enriba da mezcla anterior e métense no forno durante cinco minutos. Por último, sácanse e engádese unha pizca de sal maldon.

Comentarios