O venres Galicia estará nunha situación intermedia entre as altas presións situadas sobre Azores e unha baixa relativa sobre o sur peninsular.
Polo tanto, os ceos estarán despexados en xeral con máis nubes no litoral norte e algunhas brétemas no litoral. Pola tarde medrarán nubes de evolución que poderán deixar algún chuvasco de tipo tormentoso nas provincias de Lugo e Ourense.
As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentras que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso entre o norte de Rías Baixas e Costa da Morte pola tarde.
O rexistro de mínimas e máximas agardados para as cidades son os seguintes:
A Coruña 20 º 24 º
Ferrol 19 º 25 º
Lugo 18 º 35 º
Ourense 19 º 38 º
Pontevedra 18 º 28 º
Santiago de Compostela 17 º 31 º
Vigo 16 º 26