Cambados prepara 12.000 vieiras para a festa que hoxe comeza

Presentación de la fiesta (Foto: Diario de Pontevedra)
photo_camera Presentación de la fiesta (Foto: Diario de Pontevedra)

Ao albariño, á galega e en empanada son as tres opcións para degustar a vieira que ofrecen os organizadores da sétima edición da festa dun molusco que acaparou os titulares de prensa durante a última semana. Desde hoxe e ata o domingo o paseo da Calzada (Cambados) convértese nun gran comedor onde se darán cita miles de comensais.

Para mañá xa hai máis de 200 reservas, precisou o alcalde, José Manuel Cores Tourís, durante a presentación, celebrada onte na Casa Consistorial. Hai 12.000 pezas dispoñibles e é posible que queden poucas crúas, porque o ano pasado venderan 20.000, aínda que, entón, a cita celebrouse no mes de agosto, durante a Festa do Albariño, beneficiándose do seu tirón.

O cambio de datas obedece á necesidade de non concentrar os festexos, expuxo. O patrón maior da confraría, Benito González, aproveitou para recordar que toda a vieira que se pode comercializar en Galicia debe pasar polo porto de cambados e o seu tratamento é a garantía de seguridade alimentaria.

A representante de Vieira de Galicia, a única empresa autorizada para realizar o seu procesado, insistiu no mesmo punto. Mar Ambroa, con Tourís e González, coincidiron en sinalar que o incidente rexistrado en Ferrol servirá para aclarar a situación e, a longo prazo, resultará beneficioso para quen traballan dentro da legalidade.

Programación da Festa da Vieira de Cambados
Venres 12 de setembro
Pasarrúas a cargo de Grupos de Gaitas.
13:00 No Pazo de Torrado inauración da VII Fiesta da Vieira e
13:00-14:00-20:00-22:00 degustación na carpa de Torrado e promoción da ruta gastronómica dos restaurantes cambadeses.
22:00 Na Praza do concello IV Festival de Jazz do Salnés con actuación de ÁNDRÉS RIVAS JAZZ TRIO,THE KHRONOLY ACOUSTIC QUARTET e coa colaboración de PACO CHARLÍN.

Sábado 13 de setembro
Pasarrúas a cargo de GRUPOS DE GAITAS.
11:00 Na Merced curso de novas tecnoloxías " Creación de Blogs"
12:00-14:00-20:00-22:00 degustación na carpa de Torrado e promoción da ruta gastronómica dos restaurantes cambadeses.
19:00 No complexo Polideportivo O Pombal TROFEO DE BALONCESTO DO ALBARIÑO.
22:00 Na Praza do Concello VERBENA POPULAR coa actuación do grupo SUPERLATINOS e o DÚO COLORES.

Domingo 14 de setembro
Pasarrúas a cargo de GRUPOS DE GAITAS.
12:00-14:00-20:00-22:00 degustación na carpa de Torrado e promoción da ruta gastronómica dos restaurantes cambadeses.
22:00 Na praza do Concello VERBENA POPULAR coa actuación do grupo NEVADA e o DÚO ENCLAVE.

Comentarios