Camins del Priorat

Zona: DO Priorat. Colleita: 2008. Maridaxe: Arroz meloso con cogomelos e foie. Graos: 14,5% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 15-17º

Antes de comezar coa cata de cada semana non hai que esquecer que xa está próxima a primeira das feiras do viño de Ribeira Sacra: a XXIX Feira do Viño de Chantada, e que a partir da semana que vén poderase gozar de catas comentadas e xornadas técnicas.

Seguindo co guión, hoxe toca trasladarse ao Priorat. A DO Priorat garda algunhas similitudes coa DO Ribeira Sacra. Ambas pasaron polas mans dos monxes alá polo século XII, tamén producen unha cantidade parecida de uva, ao redor dos cinco millóns de quilos, o que as converte nunhas denominacións pequenas que se caracterizan polo cultivo en pendente dos seus viñedos e a beleza da contorna que os rodea.

Cata

A súa cor é picota con ribete violáceo de capa media-alta. De moi boa intensidade aromática, con destacada froita vermella e negra, ten algunha lixeira nota floral e láctica

Comentarios