Capón da Terra Chá


Ingredientes:
- Un capón
- 150 gramos de touciño
- 150 gramos de tenreira
- Dous ovos
- Un litro de aceite
- Unha copa de brandy
- Viño branco
- Unha cabeza de allo
- Sal
- Perexil

Modo de preparación:
Adobar o capón, xa limpo e salgado, con allo e perexil e deixar repousar de catro a cinco horas.

Preparar un recheo co touciño, a tenreira, a cebola e os ovos; encher coa mestura o capón e coselo.

Dourar a ave nunha cazuela cos dentes de allo e manteiga de porco frita. Unha vez dourado, metelo no forno a baixa temperatura e regalo frecuentemente con viño branco e brandy para que non se seque e a pel quede brillante.

Comentarios