Carpaccio de polbo

Ingredientes

  • Polbo.
  • Sal maldon.
  • Crema de vinagre de Módena.
  • Maionesa.
  • Nata.

Elaboración

Lavar o polbo e cocelo nun caldeiro de cobre. Unha vez cocido, sácase da auga e déixase arrefriar.

Doutra banda, prepararemos unha vinagreta con maionesa e nata. Bátese moi ben, ata que quede unha crema homoxénea, e metémola nun biberón dentro do frigorífico.

Cando a mestura estea ben fría, collemos o polbo e cortámolo moi fino. Colocarase sobre un prato chairo ou ben sobre unha bandexa pequena plana.

A continuación, sazonar con sal maldon e aderezar coa crema de Módena e vinagreta elaborada con anterioridade, realizando círculos concéntricos para conseguir que se mesturen adecuadamente ambos os sabores.

Comentarios