Casa de la Ermita crianza 2007

Ermita_vino.JPG
photo_camera Ermita_vino.JPG

Zona: D.O. Jumilla. Colleita: 2007. Maridaxe: Atún asado con ciruelas, pasas e brandy. Grao: 13,5% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 14-16º

O viño que toca hoxe chega desde as ladeiras do Carche, un parque rexional da comunidade de Murcia que reparte a súa extensión entre os municipios de Yecla e Jumilla. Precisamente, estes dous municipios e Bulas son as tres denominacións de orixe da rexión de Murcia.

Aínda que xa se tocaron viños elaborados con uva Monastrell da DO Jumilla, hoxe será a primeira vez que se cate un acompañada pola ‘petit verdot', unha uva cuns marcados aromas que adoita acompañar a outras como ‘a cabernet sauvignon' e que se utiliza para dar ‘nervio' aos viños, achegándolles densa froita e sabores potentes.

Cata
A súa cor é vermella picota intenso de capa media alta e ribete granate. Presenta aromas de boa intensidade, elegantes e complexos, con froita vermella madura, notas de monte baixo, tostados e especias.

Comentarios