Casa Marcelo cumpre hoxe 10 anos

Un dos grandes referentes da cociña galega contemporánea celebra hoxe 10 anos desde que abriu a súa porta aos pés da Praza do Obradorio, cunha proposta singular, que se gañou a aceptación do público e a crítica.

Recoñecido cunha estrela Michelín, Marcelo Tejedor escribiu o seu nome entre os dos grandes cociñeiros españois, e ata o seu restaurante peregrinan os devotos da boa mesa, para gozar cun menú que cada día Marcelo deseña cos mellores produtos da despensa galega que atopa no mercado.

Marcelo Tejedor atesoura recoñecementos dentro e fóra de Galicia (Premio Bidasoa, Dagda HG&T-AGAXET de Turismo e Gastronomía, Premio Canle Cociña polo seu pan líquido en aerosol, …) e exporta o seu saber facer na cociña nos principais encontros profesionais da gastronomía que se celebran no mundo (desde Madrid Fusión a Millesime, pasando por Show Fish).

E é un dos membros fundadores do Grupo NOVE que reúne aos cociñeiros galegos que practican unha cociña de vangarda desde o máximo respecto á tradición e á despensa autóctona

Comentarios